Concerto para trompeta de Telemann


Georg Philipp Telemann (Magdeburgo, 1681-Hamburgo 1767) foi un compositor barroco alemán contemporáneo de J.S.Bach e G.F. Haendel. 

O libro Guinness de records indica que é o compositor do que se conservan máis obras. A pesar de que en vida tivo éxito, no século XIX as súas obras eran interpretadas con pouca frecuencia.  

Un século despois as obras de Telemann volveron a espertar moito interese, xunto coa recuperación dos instrumentos barrocos.

Escoitaremos o Adagio do Concerto en Re Maior para trompeta interpretado cunha trompeta piccolo, creada a finais do século XIX para interpretar obras barrocas. É máis pequena e sona unha octava máis aguda.

Resultado de imaxes para trompeta piccolo



No seguinte vídeo escoitaremos a versión da trompetista inglesa Alison Balsom no seu recente disco adicado á música barroca.




Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O mundo dos intervalos II

Dictado 4 para alumn@s de 4º GE

O mundo dos intervalos