Publicacións

Repertorio de Coro de GP: Gabriel Fauré

Imaxe
No coro de Grao Profesional adicamos a maior parte dos nosos ensaios a dúas obras de  Gabriel Fauré  (1895-1924): compositor, pedagogo, pianista, director de coros e organista Fauré é considerado o compositor francés máis destacado da súa xeración, sendo o seu estilo musical moi influinte nos compositores do século XX. Cando tiña 9 anos foi á  École de Musique Classique et Religieuse  de París no que se centraban na formación de organistas e directores corais de música sacra. Entre os seus mestres citamos a  Camille Saint-Saëns , que se convertiría no seu amigo de por vida.  Cando Fauré tiña 19 anos escribiu  Cantique de Jean Racine  para coro mixto e órgano. Con esta obra gañou o primeiro premio cando se graduou na súa escola. O texto está baseado nun himno ambrosiano do dramaturgo Jean Racine. O compositor realizou outra versión con acompañamento de órgano e cordas. Na actualidade, podemos escoitar outra versión realizada por John...

Dictado 4 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado para traballar nestas merecidas vacacións é un canto de Nadal: Hark! The herald angels sing. Escoita! os arcanxos cantan . O autor deste canto é o compositor romántico Felix Mendelssohn (1809-1847). Aínda que orixinariamente o compositor escribira esta melodía con outra fin. En 1840 Mendelssohn escribía unha cantata para conmemorar a invención da imprenta de Johann Gutenberg. Aproximadamente unha década despois, o músico inglés William H. Cummings adapta a melodía de Mendelssohn coa letra do himno de Charles Wesley (Hark! The herald angels sing). E velaí unha das obras que podedes escoitar en distintos espazos sonoros durante estes días de Nadal. Este dictado ten 20 compases. Para facilitar a vosa tarefa, proporciono varios compases. INICIO: COMPÁS 9 COMPÁS 13 FELIZ NADAL MUSICAL!

Dictado 3 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado 3 está baseado nun minueto de W. A. Mozart. Concretamente no minueto da súa Sonatina Vienesa nº 1. Velaí o comezo do dictado

O Zortziko

Imaxe
Para que @s alumn@s de 1º GP puidesen interiorizar mellor o zorztiko (danza de tradición vasco-navarra con compás de 5/8 en tres tempos ) realicei unha escolma de vídeos. No primeiro vídeo veredes a fusión da danza contemporánea coa música tradicional. Un único intérprete para este zorztico: o  txistulari , quen toca a súa frauta de tres orificios e o tamboril.  Como en moitas ocasións acontece, a música tradicional inspira aos compositores. A continuación, o  Zorztiko Miramar  do virtuoso violinista  Pablo Sarasate  (Pamplona, 1884- Biarriz, Francia, 1908) interpretado por Ara Malikian Por último, un exemplo do virtuoso pianista e compositor  Isaac Albéniz  no que podedes seguir a audición coa partitura. Veredes como agrupa o contido rítmico en dous tempos, mais sempre acentúa a segunda corchea do primeiro tempo. 

Dictado 2 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado desta semana é unha adaptación dunha pequena danza de Köhler. John Augustus Köhler (Londres 1810-1878) pertence a unha familia de músicos e constructores de instrumentos de vento metal. Atención á segunda voz con respecto á primeira. As dúas están escritas en clave de sol.

Dictado 1 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
@s alumn@s de 1º de Grao Profesional teñen ansia de traballar moito! Pois velaí o noso primeiro dictado para traballar na casa. Este dictado é unha adaptación dunha arietta de Lully.  Jean Baptiste Lully (Florencia, 1632- París 1687) foi un compositor barroco que estivo ó servizo do rei Sol, Luis XIV. Considérase o creador da ópera francesa, na que o ballet cobra moita importancia. Velaí o seu comezo:

Secuencia de acordes para 1º GP

Imaxe
Nestas semanas estamos entrenando o noso oído no recoñecemento do enlace dos acordes de tónica, dominante e subdominante. Para continuar a nosa práctica realizade o seguinte exercicio: Clicade na imaxe para comezar: O seguinte exercicio está en modo menor: