Repertorio de Coro de GP: Gabriel Fauré



No coro de Grao Profesional adicamos a maior parte dos nosos ensaios a dúas obras de Gabriel Fauré (1895-1924): compositor, pedagogo, pianista, director de coros e organista

Fauré é considerado o compositor francés máis destacado da súa xeración, sendo o seu estilo musical moi influinte nos compositores do século XX. Cando tiña 9 anos foi á École de Musique Classique et Religieuse de París no que se centraban na formación de organistas e directores corais de música sacra. Entre os seus mestres citamos a Camille Saint-Saëns, que se convertiría no seu amigo de por vida. 

Cando Fauré tiña 19 anos escribiu Cantique de Jean Racine para coro mixto e órgano. Con esta obra gañou o primeiro premio cando se graduou na súa escola. O texto está baseado nun himno ambrosiano do dramaturgo Jean Racine. O compositor realizou outra versión con acompañamento de órgano e cordas. Na actualidade, podemos escoitar outra versión realizada por John Rutter con acompañamento para cordas e harpa. No vídeo seleccionado seguiremos a versión dos Cambridge Singers.




Cando alcanzou o éxito, ocupou importantes cargos coma o de organista da igrexa da Madeleine e director do Conservatorio de París. Nos seus últimos anos, Fauré foi recoñecido en Francia como o compositor francés máis importante da súa época. O seu legado descríbese como a enlace entre o fin do Romanticismo e o modernismo do segundo cuarto do século XX. Cando naceu, Frédéric Chopin aíndan compoñía, e no momento da súa morte, escoitábase a música atonal da Segunda Escola de Viena.

Unha das súas obras máis populares é o Réquiem, opus 48, interpretada por primeira vez na igrexa da Madeleine de París no ano 1888. Un réquiem é unha misa para defuntos. Na primeira interpretación cumpría esa finalidade, sen embargo axiña pasou a forma parte habitual dos programas de concerto.

"...en canto ó meu Réquiem, quizáis tamén quixen escapar do pensamento máis habitual, ¡despois de tantos anos acompañando ó órgano servizos fúnebres! Sei todo de memoria. Eu quixen escribir algo diferente." dicía o propio Fauré

Réquiem está formado por sete partes, rematando con In Paradisum. No vídeo que tedes a continuación escoitaremos a interpretación do Coro da Catedral de Saint Mary de Edimburgo (o primeiro coro catedralicio de Gran Bretaña que permitiu cantar ás nenas xunto cos nenos na liña de soprano en 1978).



Comentarios

  1. Hola Catuxa !!!
    Al final las clases empiezan el 8 o el 9 ?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, querid@ alum@ anónimo!

      As clases comezan o xoves 9.

      Ata pronto

      Eliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi