para que os meus alumnos e alumnas do Cmus "Xan Viaño" de Ferrol comprendan e gocen da Linguaxe Musical.
Dictado 2 para alumn@s de 1º GP
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
O dictado desta semana é unha adaptación dunha pequena danza de Köhler. John Augustus Köhler (Londres 1810-1878) pertence a unha familia de músicos e constructores de instrumentos de vento metal.
Atención á segunda voz con respecto á primeira. As dúas están escritas en clave de sol.
@s alumn@s de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies. Grazas a Adriana, a autora do blog aulamusicaldeadriana.blogspot.com , repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio. Moita concentración!
Con este "Pasapalabra musical" podes xogar con contidos musicais e poñerte a proba sobre o que lembras dos compositores dos que escoitamos audicións este curso. Ti podes! Para comezar a xogar, debes clicar na imaxe. Debes abrir esta publicación onde pon: LER MÁIS, para que se active o enlace.
bastante fácil aunque tengo algunas dudas
ResponderEliminar