Publicacións

Dictado 3 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado 3 está baseado nun minueto de W. A. Mozart. Concretamente no minueto da súa Sonatina Vienesa nº 1. Velaí o comezo do dictado

O Zortziko

Imaxe
Para que @s alumn@s de 1º GP puidesen interiorizar mellor o zorztiko (danza de tradición vasco-navarra con compás de 5/8 en tres tempos ) realicei unha escolma de vídeos. No primeiro vídeo veredes a fusión da danza contemporánea coa música tradicional. Un único intérprete para este zorztico: o  txistulari , quen toca a súa frauta de tres orificios e o tamboril.  Como en moitas ocasións acontece, a música tradicional inspira aos compositores. A continuación, o  Zorztiko Miramar  do virtuoso violinista  Pablo Sarasate  (Pamplona, 1884- Biarriz, Francia, 1908) interpretado por Ara Malikian Por último, un exemplo do virtuoso pianista e compositor  Isaac Albéniz  no que podedes seguir a audición coa partitura. Veredes como agrupa o contido rítmico en dous tempos, mais sempre acentúa a segunda corchea do primeiro tempo. 

Dictado 2 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
O dictado desta semana é unha adaptación dunha pequena danza de Köhler. John Augustus Köhler (Londres 1810-1878) pertence a unha familia de músicos e constructores de instrumentos de vento metal. Atención á segunda voz con respecto á primeira. As dúas están escritas en clave de sol.

Dictado 1 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
@s alumn@s de 1º de Grao Profesional teñen ansia de traballar moito! Pois velaí o noso primeiro dictado para traballar na casa. Este dictado é unha adaptación dunha arietta de Lully.  Jean Baptiste Lully (Florencia, 1632- París 1687) foi un compositor barroco que estivo ó servizo do rei Sol, Luis XIV. Considérase o creador da ópera francesa, na que o ballet cobra moita importancia. Velaí o seu comezo:

Secuencia de acordes para 1º GP

Imaxe
Nestas semanas estamos entrenando o noso oído no recoñecemento do enlace dos acordes de tónica, dominante e subdominante. Para continuar a nosa práctica realizade o seguinte exercicio: Clicade na imaxe para comezar: O seguinte exercicio está en modo menor:

Parabéns!

Imaxe
Tódol@s alumn@s de 4º G.E. por fin podedes celebralo! Xa sodes alumn@s de Grao Profesional. Os resultados de Linguaxe Musical nas probas de acceso foron moi bos. Eu xa o celebrei...aplaudindo por cada un de vós, saltando e louvándome nas conversacións polos alumn@s tan aplicad@s que teño. Foi un ano con moito traballo, esforzo e tensión final, así que este verán non vos marcarei tarefas de ningún tipo. Só recomendo que sigades cantando as vosas leccións favoritas, intentando escribir esa canción que acabades de escoitar e que tedes na vosa memoria...ou lendo unha partitura que acabades de atopar. Agora ademáis de cantar cheos de ledicia, de tocar aquelas obras que máis vos gustan..."toca" brincar, ir á praia, bailar,...A celebralo e disfrutade das vacacións! PARABÉNS ! Ata o vindeiro curso!

O que medramos nestes catro anos!

Imaxe
Despois de catro de anos nos que estivemos medrando musicalmente, chega o momento de dar un paso máis aló. Mañá @s alumn@s de 4º GE vos presentades ás probas de acceso ó Grao Profesional.  Serán intres cunha pouca tensión, coma calquer outra proba, mais debedes respirar profundamente, concentrarvos e defender cada proba con seguridade. Ó longo destes anos traballáchedes moito e tedes recursos dabondo como para poder superar estas probas. Eu, dende logo, estou segura que faredes unhas boas probas. Así que só queda que durmades ben esta noite, almorcedes mañá para coller enerxías e teñades confianza en vos mesmos. Ánimo, querid@s alumn@s!  Vémonos no próximo curso