Parabéns!



Tódol@s alumn@s de 4º G.E. por fin podedes celebralo! Xa sodes alumn@s de Grao Profesional. Os resultados de Linguaxe Musical nas probas de acceso foron moi bos. Eu xa o celebrei...aplaudindo por cada un de vós, saltando e louvándome nas conversacións polos alumn@s tan aplicad@s que teño.

Foi un ano con moito traballo, esforzo e tensión final, así que este verán non vos marcarei tarefas de ningún tipo. Só recomendo que sigades cantando as vosas leccións favoritas, intentando escribir esa canción que acabades de escoitar e que tedes na vosa memoria...ou lendo unha partitura que acabades de atopar.
Agora ademáis de cantar cheos de ledicia, de tocar aquelas obras que máis vos gustan..."toca" brincar, ir á praia, bailar,...A celebralo e disfrutade das vacacións!

PARABÉNS!
Ata o vindeiro curso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi