"Sinfonía do Novo Mundo" de Dvorák

 


Antonín Leopold Dvořák (1841-1904) foi un compositor natural de Bohemia (na actual República Checa). Considérase un compositor posromántico e o principal representante do nacionalismo musical checo. 

Usou nas súas obras moitas melodías populares da súa Bohemia natal. As súas obras inclúen óperas, sinfonías, coros e música de cámara. Entre as súas obras máis coñecidas inclúense a Sinfonía nº 9, máis coñecida por Sinfonía do novo mundo, as Danzas Eslavas, o Cuarteto de Cordas Americano e o Concerto para Violoncello en si menor.

De pequeno recibiu clases de piano, órgano e violín. En Praga estudou órgano. Tamén adicouse á interpretación da viola nunha orquestra de Praga, para despois abandonalo para exercer de organista e adicar máis tempo á composición.

En 1892 trasladouse a Nova York ao aceptar a invitación para dirixir o Conservatorio Municipal. Nos Estados Unidos compuxo algunha das súas obras máis coñecidas: a Sinfonía do novo mundo, na que inclúe melodías que recordan aos cantos espirituais dos negros norteamericanos, melodías populares estadounidenses e tamén ritmos dos aborixes norteamericanos.

Escolmei o seguinte vídeo da Sinfonía do Novo Mundo. Ao tratarse da sinfonía completa, pode ser que nunha primeira escoita, fágase demasiado "densa"... Poñede a partir do minuto 13: ahí comeza o segundo movemento (Largo), movemento do que recoñeceredes a melodía que interpreta o corno inglés. 

Con este canto fermoso, agardamos que este 2021 nos traia un novo mundo cheo de cantos sen máscara, concertos con moito público e moitas apertas e bicos.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi