"Soño de Amor" de Liszt


Franz Liszt (1811-1886) foi un compositor e pianista austro-húngaro, considerado o pai da técnica pianística moderna. 

Xunto a Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores para piano que tomarán o relevo:  Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin.

Seu pai, Adam Liszt, que foi violonchelista, ensinou o piano ó seu fillo dende moi pequeno, utilizando as obras de Haydn, Mozart e Beethoven. Liszt foi un neno prodixio e ós dez anos marchou a Viena para seguir, durante dous anos, os cursos de harmonía de Salieri e os de pianos de Carl Czerny. Durante unha xira por París, acompañado polo seu pai, intentou entrar no Conservatorio (daquela chamado Escola Real de música e de declamación) pero foi rexeitado por ser estranxeiro!

Escoitaremos o seu "Soño de Amor" da colección Liebesträume. Drei Notturni (en alemán: Soños de amor. Tres nocturnos): unha serie de tres obras para piano solo. A miúdo se utiliza o término para referirse específicamente ao terceiro Liebestraum, que é o máis coñecido dos tres. 

Está escrito en La bemol Maior e iníciase en "poco allegro". Pode considerarse que este último nocturno dos Soños de amor está dividido en tres partes, separadas cada unha por unha rápida cadencia que esixe bastante destreza e habilidade técnica. Emprégase a mesma melodía a lo longo de toda a peza, aínda que cambia cada vez.  Ao final, o Liebestraum n.º 3 se vai apagando nunha sección final moito máis lenta con acordes e lentos arpexios.



Por se queredes escoitar outra versión, onde podedes ver á pianista Vanesa Benelli, velaí outro versión cun vídeo con bonitas esceas:








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi