"Esceas de nenos" de Schumann


Robert Schumann (1810-1856) foi un compositor alemán representante do Romanticismo musical. Dende pequeno lle interesou a música e a literatura. E esa paixón o levará a compoñer cancións con acompañamento pianístico e con textos de grandes poetas (Goethe, Schiller, Lord Byron...) chamados en Alemaña lieder (en singular: lied, que significa canción)

O seu instrumento, como a inmensa maioría dos músicos do Romanticismo, foi o piano. Estudiaba de mozo as obras de Schubert e Mendelssohn, e admiraba ao célebre pianista Franz Liszt.

Schumann desexaba mellorar a súa interpretación e inventou un aparello co que quería conseguir máis axilidade no cuarto dedo da man dereita. Sen embargo, con ese método, o resultado foi terrible: o dedo perdeu a movilidade necesaria e abandonou os estudos de piano. Eso sí, seguiu adicándose á composición musical. Compuxo obras para piano, lieder, sinfonías e música de cámara.

Esceas de nenos, tamén Esceas da Infancia (en alemán Kinderszenen), Opus 15, é un conxunto de trece pezas para piano escritas en 1838, inspiradas nas súas lembranzas da infancia. Schumann compuxo trinta pezas, entre as cuais seleccionou as trece definitivas. A pesares do título, non son pezas escritas para ser interpretadas por nenos, debido á súa dificultade técnica. Para nenos escribira o Album para a xuventude. 

Escoitaredes a número 7: Träumeire (Ensoño)




Schumann escribe esta obra adicada á súa muller: Clara Wieck, coñecida polo seu nome de casada Clara Schumann: unha gran pianista e compositora alemá. A súa carreira como concertista foi importantísima na difusión das composicións do seu marido.

No seguinte vídeo podedes escoitar as trece obras desta "Esceas de nenos" interpretadas por Marta Argerich, unha gran pianista arxentina:

1. Estraños países e persoas (Von fremden Landern und Menschen)
2. Un conto divertido (Curiose Geschichte)
3. O home do saco (Hasche – Mann)
4. O neno mimado (Bittendes Kind)
5. Bastante feliz (Gluckes genug)
6. Un acontecemento importante (Wichtige Begebenheit)
7. Ensoño (Träumerei)
8. Na chimenea (Am Camin)
9. Cabaleiro no cabalo de madeira (Ritter vom Steckenpferd)
10. Un pouco serio (Fast zu ernst)
11. Espantoso (Furchtenmachen)
12. Neno adormecido (Kind im Einschlummern)
13. O poeta fala (Der Dichter spricht)





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi