Concerto en mi menor para violín de Mendelssohn



Felix Mendelssohn (Hamburgo,1809-Leipzig,1847) foi pianista, director de orquestra e compositor do Romanticismo alemán. 

Mendelssohn foi un neno prodixio que tocaba o piano con mestría e compuña pezas musicais. Cando tiña 6 anos recibía leccións de piano da súa nai e como compositor comezaba con tan só 10 anos.

As obras de Mendelssohn inclúen sinfonías, concertos, oratorios, música para piano e música de cámara.  Como director de orquestra fixo unha gran labor na difusión da música de Bach: recuperou para o público a Paixón segundo San Mateo, de Bach, que non se interpretara dende a morte do músico en 1750. 


Non podemos despedir esta publicación sen acordarnos da súa irmá Fanny Mendelssohn. Posuía un gran talento musical, mais naquela época era impensable que unha muller realizase carreira musical. Felix valoraba moito á súa irmá, recoñecendo que era mellor pianista que el. Fanny compuxo 466 pezas musicais, aínda que as primeiras cancións foron publicadas baixo o nome do seu irmá Felix.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi