Polonesa Op. 53 de Chopin


Fryderyk Franciszek Chopin, ou Frédéric François Chopin (Żelazowa Wola, Polonia, 1810 -París, 1849) foi un compositor e pianista polaco do Romanticismo.

Despois dunha infancia como neno prodixio en Polonia e vivir en Viena marchou a París con vinte anos, onde fixo carreira como concertista, profesor de piano da aristocracia e compositor.

Chopin interesouse dende moi novo moito polas danzas tradicionais da súa terra como a polonesa e a mazurca. De feito a súa primeira polonesa escribíuna con 7 anos. A polonesa é unha forma musical cun movemento moderado en compás ternario.

A Polonesa nº 6 Op. 53 en La bemol Maior, coñecida como a Polonesa heroica, non posúe as características típicas das polonesas. Cando Chopin a escribiu no ano 1842 xa estaba moi enfermo, e tiña que pasar moitas semanas na cama. Nestas condicións, nas que tiña morriña polo país no que naceu, quixo escribir unha obra adicada a Polonia.

Esta obra é unha das composicións máis coñecidas de Chopin. É unha peza moi esixente e virtuosística.


Despois deste vídeo onde podedes seguir a partitura, propoño que escoitedes de novo a polonesa baixo a interpretación dunha das grandes lendas do piano: o pianista de orixe ucraniano Vladimir Hórowitz (1903-1989). Como tódolos grandes intérpretes, amosa unha técnica incríble onde observamos como desliza suavemente os seus dedos polo piano como se fora doado interpretar semellante obra.

Outro pianista do Romanticismo, Franz Liszt, dixo da música de Chopin: "Cada nota de Chopin é un diamante caído do ceo". Coa interpretación de Hórowitz é unha choiva de diamantes.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi