O dictado 4 é o tema principal dunha sarabanda de Haendel: a célebre sarabanda en re menor. Unha sarabanda é unha danza lenta en compás ternario. Antes de comezar a escribila, escoitádea un par de veces. Aí van as axudas para que escribades a melodía superior ( a voz máis aguda). Tonalidade: re menor. Comeza no III. Compás: 3/2. 16 compases. Velaí o comezo desta melodía:
Este dictado 2 presenta unha melodía popular checa. Anotade no voso caderno: compás de compasillo e do menor Antes de comezar a melodía sonará a tónica, establecendo o tempo. Recordades os tipos de escalas menores? Pensade nos disitntos tipos e prestade atención neste dictado ó VI e VII grao.
Perfecto Catuxa! Xa o teño listo! :D
ResponderEliminarBravo, Nora!
EliminarXa está Catuxa! Ao principio enroleume, pero ao final é moi fácil.
ResponderEliminarFantástico, Carlos. Alégrome que insistiras. De seguro que a melodía está ben transcrita.
EliminarListo Catuxa! remateino. ;)
ResponderEliminarEstupendo, Lucía! A que non era complicado?
Eliminar