Tonalidade...?
Dende 2º de G.E., insistimos moito na importancia de reparar na tonalidade antes de comezar a cantar unha nova melodía. Tanto insistimos que Ana adicoume un debuxo no que eu pregunto: "Tonalidade", e alegremente respóndenme.
(Un segredo...encántame este debuxo. @s que coñecedes a aula, hai que recoñecer que hai detalles inconfundibles: na miña mesa o mini-piano feito de papel por Claudia, o meu super lapis coa clave de sol...O que máis me gusta é o sorriso de tódol@s nen@s antes de comezar a cantar)
Volvendo o tema: moit@s alumn@s non miraban a armadura e deixábanse levar pola acompañamento do piano, e cada nota que cantaban supoñía un risco. (Buf!... que suor...en la menor aparece un sol sostido!). E claro que é un risco comezar a cantar sen saber a tonalidade!. Imaxinades un paracaidista que se lance dende o alto dun helicóptero sen o seu paracaidas?. Pois o noso paracaidas é a tonalidade...prepara a nosa viaxe pola melodía.
Primeiramente debemos mirar a armadura: e centráte nesa melodía. Maior ou menor?. Entoa a súa escala, o acorde arpexiado da súa tónica...Cal é a súa tónica? Dominante? No modo menor,...sensible?. Xa tes o teu oído preparado...o que é máis importante: a túa mente está preparada. Agora a túa voz sempre vai responder.
POLA TÚA SEGURIDADE,
MIRA A TONALIDADE!!
Comentarios
Publicar un comentario