Lista de enlaces para facer dictados
O compositor ruso Igor Stravisnky dicía "Escoitar supón un esforzo. Oír non ten mérito. Os parrulos oen."
Velaí tedes unha lista de blogs de profesoras de Linguaxe Musical e outras páxinas interesantes para insistir nesta laboriosa tarefa do entrenamento auditivo:
Henarmonía: o blog da nosa amiga a directora do Coro Infantil do Conservatorio de Lugo. Ademáis, grazas a Henar aprendín como podía compartir c@s pequecoristas os dictados no noso blog.
Clicade sobre a imaxe e poderedes facer os dictados de Henar. Por certo, trae as solucións. Mais non fagades trampas!
Dictados Musicales de Elena Álvarez: tedes dictados rítmicos, melódicos, rítmico-melódicos...de diferentes niveles. Ademáis de xogos, práctica de intervalos, dictados a dúas voces...ata probas de aceso dalgúns conservatorios.
El blog de Lenguaje Musical de María Quintanilla: ten moitos dictados para cada curso de linguaxe musical para escoitalos e tamén descargalos.
Ritmo y Sonido del Lenguaje Musical de María José: atoparemos dictados para os distintos cursos. Tamén dictados a dúas voces para @s alumn@s de Grao Profesional.
Almudena Lenguaje Musical: Cada curso ten unha sección de "Audición" no que tedes dictados coas súas correspondentes instruccións
El aula musical de Adriana: un blog moi útil co que tamén aprendín a utilizar ferramentas para crear actividades para vos. E que nos informa de moitas outras páxinas musicais moi interesantes. Ofrécenos exercicios auditivos de distintos tipos (tests, xogos, puzzles...) e os clásicos dictados
Conservatorio Profesional de Música de La Rioja: o Departamento de Linguaxe Musical máis o de Canto ofrecen dictados para 3º e 4º de GE e 1 e 2º de GP. Cada dictado ten as súas instruccións e unha serie de preguntas a partir das melodías gravadas con distintos instrumentos, é dicir, con distintos instrumentos e con músicas de diferentes países. Tamén traballa o recoñecemento dos modos e de compases.
Para Grao Profesional traballaredes dictados a dúas voces, ademáis de melodías modais.
Philarmonia Orchestra: poderás realizar dictados a partir da audición de extractos de obras famosas do repertorio "clásico". Seleccionas o exercicio que queres e escribes na mesma web coa axuda do rato do teu ordenador. Despois podes comprobar o resultado. Tamén poderás practicar os intervalos.
Teoria.com: ademáis dunha páxina onde podes practicar a túa lectura nas distintas claves, intervalos, escalas e acordes, podes exercitar as túas destrezas auditivas: dictado de ritmos, notas, intervalos, acordes, dictados melódicos e a dúas voces. Que máis podemos pedir?
Solfeo.org: poderás practicar intervalos recoñecendo a súa orde e especie.
Comentarios
Publicar un comentario