Interpreta coas túas mans unha obra solidaria
Este ano volvemos a colaborar coa asociación AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalías) coa recollidas de tapóns de plástico. A campaña deste ano é para axudar a Alba: unha rapaza de 14 anos que precisa un custoso tratamento médico.
O curso pasado, a colaboración d@s alumn@s, pais e nais e amig@s, foi moi grande. Eu aprendín que @s pequen@s sodes moito máis solidarios que o mundo adulto. A vosa implicación pensando nas dificultades doutros nen@s é maior que a nosa. Quizais a medida que medramos perdemos ilusións de mellorar o noso mundo. Vos devolvédenos a enerxía e as gañas de loitar por un mundo mellor.
Grazas pola vosa solidariedade.
Comentarios
Publicar un comentario