Recoméndoche un concerto: "Dido e Eneas"




Tedes a oportunidade de disfrutar de Dido e Eneas, interpretada polo coro Cantabile da Coruña. É unha ópera barroca interpretada por este coro infantil-xuvenil baseada na historia da raíña de Cartago, Dido, e o heroe troiano Eneas. Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell, estreada en Londres no ano 1688. 

Aquí tedes a aria máis famosa, "O Lamento de Dido", na que Dido chora porque Eneas a abandona:





Este domingo 9 de decembro ás 20:00 no teatro Jofre. Se precisades máis información, consultade a páxina do Teatro Jofre: Dido e Eneas 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Dictado 4 para alumn@s de 4º GE

O mundo dos intervalos II

Dictado 14 para alumn@s de 4º GE