Publicacións

Dictado 3 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Este dictado 3 é moi longo, en comparación cos oito compases ós que estamos acostumad@s. Son 16 compases, mais hai varios motivos rítmicos que se repiten. Tedes que escribir a melodía principal. Aqueles que xa realizáchedes o dictado 2, terédelo máis doado: compás, puntillos...Atención! Hai algunha alteración accidental. Continuade con ánimo na mellora do voso bo oído musical. Aí vai o comezo deste dictado. Ollo! Este primeiro compás non está completo!

Unidade 5 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 4 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 2 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Neste dictado escoitarás unha melodía cun acompañamento. Só tes que escribir a melodía principal. Presta atención ó comezo anacrúsico e pensa na subdivisión do compás para comprender a rítmica. Coidado cos puntillos e ligaduras! E, como última axuda, este dictado ten 12 compases, ademáis da anacrusa. Non vos desaminedes antes de escoitalo! Hai moitos motivos que se repiten. Velaí o comezo da melodía. Ollo! O segundo compás non está completo.  Ánimo queridos alumnos e alumnas!

Unidade 3 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Unidade 2 do Caderno de Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe

Dictado 1 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE

Imaxe
Nas vacacións debemos dedicar un pouco de tempo para seguir educando o noso oído e a nosa voz. Hai tempo para ir á praia, pasear, xogar cos amig@s, ler un fantástico libro, escoitar boa música, bailar...e para dedicar un pouco de tempo ó voso instrumento e descubrir novas melodías: ben cantando ou ben escoitándoas e escribíndoas no papel.   Como ben saben @s alumn@s de 3º G.E. seguiremos entrenando cos dictados para non perder os bos costumes. E velaí tedes o primeiro: unha melodía recollida no  Cancioneiro de Galicia  de Villalba Freire, ó igual que as melodías propostas para que cantedes neste verán no  Caderno de Vacacións de Linguaxe Musical para alumnos e alumnas de 3ºGE . Lápis e papel...! Escribide este comezo. Xa sabedes que debedes pensar na tonalidade que estamos e aplicar tódolos vosos coñecementos, que son moitos, para resolver cada dictado. O primeiro compás non está completo. Velaí o Dictado 1