Dictado 1 das Vacacións para alumnos e alumnas de 3º GE



Nas vacacións debemos dedicar un pouco de tempo para seguir educando o noso oído e a nosa voz. Hai tempo para ir á praia, pasear, xogar cos amig@s, ler un fantástico libro, escoitar boa música, bailar...e para dedicar un pouco de tempo ó voso instrumento e descubrir novas melodías: ben cantando ou ben escoitándoas e escribíndoas no papel. 

Como ben saben @s alumn@s de 3º G.E. seguiremos entrenando cos dictados para non perder os bos costumes.

E velaí tedes o primeiro: unha melodía recollida no Cancioneiro de Galicia de Villalba Freire, ó igual que as melodías propostas para que cantedes neste verán no Caderno de Vacacións de Linguaxe Musical para alumnos e alumnas de 3ºGE.

Lápis e papel...! Escribide este comezo. Xa sabedes que debedes pensar na tonalidade que estamos e aplicar tódolos vosos coñecementos, que son moitos, para resolver cada dictado.
O primeiro compás non está completo.



Velaí o Dictado 1


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi