Publicacións

As Catro Estacións de Vivaldi

Imaxe
Antonio Vivaldi (Venecia 1678-Viena 1741) foi un sacerdote e compositor coñecido como Il prete rosso (O padre roibo) pola cor do seu cabelo. Escribiu máis de cincocentos concertos, na maioría para violín, máis de corenta óperas e máis de setenta sonatas. Quizáis a obra máis célebre sexan As Catro Estacións , un conxunto de catro concertos para violín, onde un violín solista dialoga coa orquestra. Cada concerto ten tres movementos alternándose rápido-lento-rápido. Ademáis, Vivaldi escribe na partitura uns sonetos que acompañan á música adicados a cada estación do ano.

"Adagio en Sol menor" de Albinoni?

Imaxe
Do compositor veneciano Tomaso Albinoni (1671-1751) chegaron aos nosos días moi poucas obras, xa que durante a Segunda Guerra Mundial foi destruida a Biblioteca de Dresden, onde estaban a maiorías das súas obras. Remo Giazotto, un musicólogo italiano, fíxenos crer que arranxara unha obra de Albinoni a partir dun manuscrito atopado na Biblioteca de Dresden. No manuscrito había un pentagrama co baixo e seis compases da melodía e que formaba parte dun movemento lento dunha sonata a trío. Hoxe sabemos que Giazotto foi o verdadeiro autor desta fermosa obra composta en 1945.

"Dido" de Purcell

Imaxe
Esta semana escoitaremos unha aria da ópera "Dido" do londinense Henry Purcell.  Esta ópera foi escrita en 1689 e seleccionei para escoitar o seu "Lamento de Dido", na que a raíña de Cartago, Dido, chora porque o heroe troiano Eneas a abandona, ademáis entenderemos o argumento da ópera grazas a "Cuéntame una ópera"

"Canon en Re Maior" de Pachelbel

Imaxe
Viaxamos á Alemaña do século XVII para coñecer a música do compositor Johann Pachelbel : un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Como comentamos na nosa aula, o estilo musical que corresponde a este período é o Barroco. Sen dúbida, a obra máis célebre de Pachelbel é o seu Canon en re maior , composto para tres violíns e baixo continuo, que será interpretado por un instrumento melódico de tesitua grave (violonchelo, fagote) e outro harmónico (clavecín ou órgano). Para comprender a técnica compositiva do canon, propóñovos ver o seguinte vídeo:

"Te Deum" de Charpentier

Imaxe
A audición desta semana para os meus alumnos e alumnas de 3º GE será o " Te Deum " do compositor do Barroco francés Marc-Antoine Charpentier . O rondó desta obra é moi popular, xa que é utilizado como sintonía da rede de Eurovisión. O " Te Deum"  (a súa traducción sería: "A ti, Deus") é un motete polifónico que ten dez números para ser interpretado por oito solistas vocais, coro, orquestra e órgano. A obra foi composta entre 1688 e 1698 durante a estancia de Charpentier na igrexa de Saint-Louis en París, onde foi director musical

Agóxica ou dinámica?

Imaxe
Neste 2º curso de GE aprendimos conceptos relacionados coa agóxica (cambios na velocidade) e coa dinámica (cambios na intensidade). De novo aproveitamos un xogo musical feito por Alejandra Medín Doce para repasar estos conceptos, ademáis do de tempo (indicación da velocidade dunha obra musical). Atréveste?

Ruleta de palabras: repaso do 2º trimestre de 2º GE

Imaxe
Grazas á nosa queridísima Alejandra Medín Doce podemos repasar conceptos que traballamos en 2º curso de Grao Elemental dun xeito moi divertido coa súa ruleta de palabras. Clicade na imaxe e comezamos!