Publicacións

Agóxica ou dinámica?

Imaxe
Neste 2º curso de GE aprendimos conceptos relacionados coa agóxica (cambios na velocidade) e coa dinámica (cambios na intensidade). De novo aproveitamos un xogo musical feito por Alejandra Medín Doce para repasar estos conceptos, ademáis do de tempo (indicación da velocidade dunha obra musical). Atréveste?

Ruleta de palabras: repaso do 2º trimestre de 2º GE

Imaxe
Grazas á nosa queridísima Alejandra Medín Doce podemos repasar conceptos que traballamos en 2º curso de Grao Elemental dun xeito moi divertido coa súa ruleta de palabras. Clicade na imaxe e comezamos!

Son, Enerxía e Ondas

Imaxe
Despois de tanto tempo de inactividade neste blog, recuperamos as enerxías precisamente para seleccionar un vídeo no que explica a transformación da enerxía para converterse en son. Un vídeo que resume o complexo tema de acústica para os alumnos e alumnas de 2º GP

Dictado de tríadas para 2º GP

Imaxe
Para que os alumnos e alumnas de 2º GP continúedes o voso entrenamento de recoñecemento de acordes tríadas, propoño que realicedes o dictado de tríadas da páxina teoria.com : unha páxina chea de ferramentas moi útiles para nós. Clicade na imaxe e...a traballar!

Dictado 11 para alumn@s de 1º GP

Despois dunhas longas vacacións nas vosas tarefas extraordinarias...voltamos ó entrenamento auditivo. Traballaremos distintos contidos deste 1º curso: dúas voces, cun compás dispar, en modo dórico e con pequenas pasaxes cromáticas.  Xa tedes as claves para resolver este dictado. Así que, nesta ocasión, non vos proporcionarei o comezo.

Dictado 10 para alumn@s de 1º GP

Imaxe
Ó longo destes días temos moitas maneiras de poder disfrutar do entroido (se a choiva o permite...): os que viaxen a terras ourensanas deberán correr diante dos cigarróns, peliqueiros, pantallas,... ou poderán escoitar e ver danzar os folións das máscaras. Na nosa comarca non temos esas figuras tan representativos do entroido, mais estes días a troula entra en tódalas casas. Así entre baile de entroido, lambonadas varias (freixós, torradas, orellas...) haberá que facer un esforzo para continuar co noso entrenamento. O dictado desta semana é unha melodía popular "Eu veño de troula" ...que xa cantamos anos atrás.  Velaí o comezo do dictado:

Dictado 9 para alumn@ de 1º GP

Imaxe
Este dictado é unha adaptación dunha marcha do compositor romántico  Robert Schumann icluída no seu Album para a xuventude : unha obra creada para o estudo dos pianistas máis novos Preparade 16 compases e... a traballar! No seguinte vídeo (no minuto 1.30) podedes escoitar esta marcha, a segunda peza do álbum.