para que os meus alumnos e alumnas do Cmus "Xan Viaño" de Ferrol comprendan e gocen da Linguaxe Musical.
Dictado 9 para alumn@ de 1º GP
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Este dictado é unha adaptación dunha marcha do compositor romántico Robert Schumann icluída no seu Album para a xuventude: unha obra creada para o estudo dos pianistas máis novos
Preparade 16 compases e... a traballar!
No seguinte vídeo (no minuto 1.30) podedes escoitar esta marcha, a segunda peza do álbum.
@s alumn@s de 3º de G.E. están inmersos no mundo dos intervalos: orde e especie. A clasificación dos intervalos é unha tarefa doada pero precisa da vosa concentración para clasificar con exactitude nas distintas especies. Grazas a Adriana, a autora do blog aulamusicaldeadriana.blogspot.com , repasamos os intervalos cun dos seus exercicios de clasificación. Clicade sobre a imaxe e poderedes comezar o exercicio. Moita concentración!
Con este "Pasapalabra musical" podes xogar con contidos musicais e poñerte a proba sobre o que lembras dos compositores dos que escoitamos audicións este curso. Ti podes! Para comezar a xogar, debes clicar na imaxe. Debes abrir esta publicación onde pon: LER MÁIS, para que se active o enlace.
Comentarios
Publicar un comentario