Publicacións

Parabéns!

Imaxe
Tódol@s alumn@s de 4º G.E. por fin podedes celebralo! Xa sodes alumn@s de Grao Profesional. Os resultados de Linguaxe Musical nas probas de acceso foron moi bos. Eu xa o celebrei...aplaudindo por cada un de vós, saltando e louvándome nas conversacións polos alumn@s tan aplicad@s que teño. Foi un ano con moito traballo, esforzo e tensión final, así que este verán non vos marcarei tarefas de ningún tipo. Só recomendo que sigades cantando as vosas leccións favoritas, intentando escribir esa canción que acabades de escoitar e que tedes na vosa memoria...ou lendo unha partitura que acabades de atopar. Agora ademáis de cantar cheos de ledicia, de tocar aquelas obras que máis vos gustan..."toca" brincar, ir á praia, bailar,...A celebralo e disfrutade das vacacións! PARABÉNS ! Ata o vindeiro curso!

O que medramos nestes catro anos!

Imaxe
Despois de catro de anos nos que estivemos medrando musicalmente, chega o momento de dar un paso máis aló. Mañá @s alumn@s de 4º GE vos presentades ás probas de acceso ó Grao Profesional.  Serán intres cunha pouca tensión, coma calquer outra proba, mais debedes respirar profundamente, concentrarvos e defender cada proba con seguridade. Ó longo destes anos traballáchedes moito e tedes recursos dabondo como para poder superar estas probas. Eu, dende logo, estou segura que faredes unhas boas probas. Así que só queda que durmades ben esta noite, almorcedes mañá para coller enerxías e teñades confianza en vos mesmos. Ánimo, querid@s alumn@s!  Vémonos no próximo curso

Dictado 17 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado está baseado nun lied de Schubert. Presenta un tema (que vos resultará moi doado) e a partir deste realicei unha variación...para poder entrenarnos con distintos patróns rítmicos. Clica na imaxe e enlazarás coa plataforma onde poderás escoitalo. Completa a melodía

Próximo concerto do Peque Coro

Imaxe
Queres escoitar ó Peque Coro en concerto? Pois anímate a vir ó concerto deste sábado 11 de Maio ás 12.30. Ademáis poderás escoitar a outro coro de nen@s: o Coro Infantil do Cmus de Lugo. Xa sabes, a cita é o sábado 11 de Maio ás 12.30 no auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.

Acordes tríadas

Imaxe
Pensando en que os alumn@s de 3º e 4º GE poidades identificar auditivamente distintos acordes tríadas, elaborei a seguinte actividade. Clicade sobre a imaxe e xa comezaredes o voso entrenamento auditivo.

Recoméndoche un concerto: Concerto do Clasicismo

Imaxe
Este venres 12 de Abril podes asistir a un concerto de piano adicado ó Clasicismo. Ademáis participará O Peque Coro neste concerto especial no que as vestimentas e o esceario farannos retroceder ó século XVIII. Venres 12 de Abril ás 17:30 no auditorio do noso Conservatorio. Auditorio José Arriola. Cmus Xan Viaño de Ferrol.

Dictado 16 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado desta semana é un fragmento dunha aria de Mozart. Unha das arias de Papageno: o paxareiro da Raíña da Noite da  Frauta Máxica,  que acompaña ó príncipe Tamino na súa aventura para rescatar á princesa Pamina. Velaí a melodía (da que adaptamos a súa tesitura) para completar : Nesta aria Papageno conta o desexo de encontrar unha compañeira: