Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

"A catedral sumerxida" de Debussy

Imaxe
  Claude Debussy (1862-1918) foi un compositor francés que rompeu coa tradición do romanticismo e foi un dos compositores membros do Impresionismo Musical. O seu pai non quería que se adicara a música, mais axiña el amosou a súa paixón. Recibiu clases de Mauté de Fleurville , alumna de Chopin. Despois de rematar os seus estudos de piano no conservatorio de París, interesouse pola composición. Mais será a Exposición Universal en París no ano 1889 a súa gran fonte de inspiración, xa que coñeceu novas sonoridades "exóticas" como o gamelán de Indonesia. Considéranse que as súas composicións son sobre todo sensoriais, nas que fai sentir ao que escoita sensacións particulares traducindo en música imaxes e impresións. "A catedral sumerxida" é un bo exemplo. Este preludio está baseado nun antigo mito no que unha catedral sumerxida elévase nas mañás claras. Dende o outro lado do mar pode escoitarse o canto dos sacerdotes, o repenique das campás e o son do órgano. Todo isto ...

"Sinfonía nº 1" de Mahler

Imaxe
  Gustav Mahler (1860-1911), foi un compositor e director de orquestra bohemio-austríaco. As súas composicións atópanse entre as obras máis importantes do Posromanticismo . Nas primeiras décadas do século XX, Gustav Mahler era considerado un dos máis importantes directores de orquestra e de ópera do seu momento. Co auxe do nazismo en Alemaña e Austria, a súa obra foi catalogada como “dexenerada” e “moderna” pola súa condición de xudeu. O mesmo sucedeu con outros compositores, caídos en desgraza na Alemaña nazi. Só ao final da Segunda Guerra Mundial, a súa música comezou a interpretarse con máis frecuencia no repertorio das grandes orquestras, encontrándose entre os compositores máis destacados na historia da música. A miña proposta de audición é distinta á do voso libro de texto. Propoño como audición para un achegamento á música de Mahler que escoitedes o terceiro movemento da súa sinfonía nº 1, que creo que vos sorprenderá. Comeza cunha variación dun tema que coñecedes, aín...

"La bohéme" de Puccini

Imaxe
  Giacomo Antonio Domenico Michele Secondo Maria Puccini , (1858-1924) foi un compositor italiano que destacou especialmente polas súas óperas. Considerado entre os máis grandes de finais do século XIX e comezos do XX, as súas óperas están entre as representadas con máis frecuencia. Foi considerado o mellor compositor da ópera italiana xunto con Giuseppe Verdi e un dos máximos expoñentes do verismo (unha tradición operística que buscaba plasmar a vida cotiá na ópera). Os Puccini eran unha familia con tradición musical: foron mestres de capela da Catedral de Lucca dende moitas xeracións atrás. Giacomo con 14 anos foi o organista da Catedral de Lucca. Quizais " La bohéme" sexa a súa ópera máis famosa."A bohemia" está ambientada en París, onde comparten ilusións e amizade un grupo de artistas. A historia céntrase no amor da modista Mimí e o poeta Rodolfo. A continuación tedes a célebre aria de Mimí, do acto I, onde Mimí se presenta ao seu veciño Rodolfo e lle conta qu...

"Pompa e circunstancia" de Elgar

Imaxe
  Edward Elgar  (1857-1934) foi un compositor británico. Foi o primeiro compositor en tomar en serio o uso do gramófono. Entre 1914 e 1925 dirixiu unha serie de gravacións das súas obras. Entre as moitas das súas obras que entraron a formar parte do repertorio clásico de concertos figuran as coñecidas Enigma Variations , como  Pomp and Circumstance Marches , os concertos para violín e violonchelo, e dúas sinfonías. Tamén compuxo obras corais, entre as que cómpre sinalar The Dream of Gerontius , música de cámara e cancións. Foi nomeado Master of the King’s Musick en 1924. O seu pai, William, traballou como afinador de pianos e tiña unha tenda de partituras e instrumentos musicais. Aos oito anos, Elgar recibiu clases de piano e violín, e o seu pai, que afinaba os pianos de moitas casas importantes de Worcestershire, ás veces levábao con el, dándolle a posibilidade de mostrar o seu talento a importantes figuras locais. Elgar é probablemente máis coñecido pola primei...