"Así falou Zaratustra" de Strauss

 


Richard Strauss (1864-1949) foi un director e compositor alemán, destacando das súas composicións os seus lieder, as óperas e os poemas sinfónicos. 

Con só dezaoito anos, xa escribira 140 obras: case todas obras para piano ou cancións para voz e piano (lieder).

Strauss compuxo no ano 1896 a súa obra Así falou Zaratustra: un poema sinfónico inspirado nunha obra co mesmo título do filósofo Friederich Nieztsche. Consta de nove seccións, tantas como capítulos tiña o libro. 
Escoitaremos a súa célebre fanfarria inicial, titulada "Amencer" polo propio Strauss: nesta saída do sol aparece un xogo cos modos maior e menor.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi