Himno Galego polos alumnos e alumnas de 4º GE

En 1907 o ferrolán Xosé Fontenla Leal promoveu dende Cuba, onde residían moitos emigrantes galegos, a creación do himno galego. Pascual Veiga compuxo a música para o poema Os Pinos de Eduardo Pondal. O 20 de decembro de 1907 estrenouse na Habana.

Galicia, a nazón de Breogán, espertará do seu sono para emprender o camiño á liberdade escoitando a voz dos rumorosos pinos. Os rumorosos pinos que simbolizan ao pobo galego.

Que marabillosa maneira de pregoar Os Pinos coas voces dos alumnos e alumnas de 4º GE! Emocionante: parabéns a todos e todas.




 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi