"Valse triste" de Sibelius

 


Jean Sibelius (1865-1957) foi un compositor finlandés do Romanticismo tardío que se converteu nun símbolo non só da música do seu país, senón un símbolo do seu país.

Sibelius comezou tocando o piano con 5 anos, mais os crueis métodos da súa tía Julia (se tocaba unha nota falsa, pegáballe cunha agulla nos dedos) fixeron que abandoara un estudo sistemático, mais adentrouse na improvisación. Aos 15 anos quedou enfeitizado polo violín. Ao pouco tempo, forma un trío de corda coa súa irmá Linda, ao piano e o seu irmán Christian, ao violonchelo. Será o violín o instrumento co que faga carreira concertística.

Mais foi a súa faceta como compositor o que trouxo o gran recoñecemento en Helsinqui, Berlín, Viena, Londres, París, Estados Unidos...

O seu Valse triste está inspirado nunha obra chamada A morte escrita polo seu cuñado Arvid Järnefelt.






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi