Sinfonía nº 5 de Beethoven
Ludwig van Beethoven , nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. A súa producción musical abarca desde o período clásico ata inicios do Romanticismo musical. Foi o último gran representante do clasicismo vienés (logo de Christoph Willibald Gluck, Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart). A súa arte expresouse en diferentes xéneros e aínda que son as súas sinfonías a fonte principal da súa popularidade, o seu impacto foi enorme nas súas obras para piano e música de cámara. Beethoven rompe moitos dos esquemas da música do XVIII: xogar cos tempos, engadir movementos ás sinfonía, crear obras a partir de poucas notas... Sabías que foi un amigo seu, Johhan Nepomuk Maelzel, o inventor do obxecto que permite indicar o tempo exacto dunha obra? O metrónomo. Así Beethoven podía asegurarse que as súas obras se interpretarían tal e como el quería. Escoitaremos o...