Publicacións

Que cadencia é? para 1º GP

Imaxe
Clicando na imaxe superior, podes acceder ao exercicio auditivo para recoñecer as cadencias que estamos traballando. Escoitarás o enlace de tres acordes: presta atención aos dous últimos para identificar a cadencia correcta.

Jerusalema

Imaxe
O seguinte vídeo é para os alumnos e alumnas de 1ºGP: resultaralles doado pero así interiorizamos tranquilamente o tresiño de negras. Xa era hora de ter un petisco fácil de "dixerir"! E cun tema viral que puxo a bailar ao mundo enteiro!  

Suite nº 3 de Bach para 1º GE

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 1º GE imos escoitar  fragmentos da Suite nº 3 de Bach. Unha suite é unha obra que contén danzas. Que instrumento a interpreta? Para saír de dúbidas, mira o seguinte vídeo:

Exemplos de obras en diferentes escalas para 1º GP II

Imaxe
 Continuamos co visionado de máis exemplos para 1º GP. Canción india . N. Rimski-Korsakov Escala pentatónica maior A cañada india . A. García-Palao Escala pentatónica menor Sakura . Tradicional xaponesa Escala pentatónica menor hira-joshi Voiles . Preludios. C. Debussy Escala hexátona ou de tons enteiros Bacanal de Sanson e Dalila . C.Saint-Saëns Escala hispano-árabe

Exemplos de obras en diferentes escalas para 1º GP I

Imaxe
  Nesta publicación temos os exemplos propostos no noso libro de teoría para abordar as distintas escalas. Concerto para violín en Mi menor de F.Mendelssohn. 1º movemento. Escala menor harmónica As estacións. Xuño. P.I.Chaikovski Escala menor melódica Cadros dunha exposición. O vello castelo. M.Mussorgski Escala menor natural O voo do moscardón . N. Rimski-Korsakov Escala cromática

Instrumentos antigos para 1º GE

Imaxe
  Imos escoitar algúns instrumentos antigos que foron empregados sobre 400 anos atrás no período musical chamado Barroco. No seguinte vídeo veremos o traverso barroco a frauta, acompañada pola corda e o clave: Outro instrumento antigo é o oboe d'amore: A viola da gamba, é dicir, viola da perna: Un dos instrumentos máis antigos que seguimos tocando a día de hoxe é o clave: Escoitamos agora o movemento Largo do Trío en Sol Maior de G.F.Telemann, o compositor con máis obras escritas na historia da música. Saberías dicir o seu compás?

Exemplos de cadencias para 1º GP

Imaxe
  Os alumnos e alumnas de 1º GP repasamos as cadencias. Simplificando: os repousos da música, nos que se produce o enlace de dous ou máis acordes. Podes repasalas co vídeo que xa empregamos o curso pasado: No noso libro de teoría propón as seguintes audicións para analizar as súas cadencias: "Te Deum" de M.A.Charpentier: Minueto en Sol M de J.S.Bach Sonata nº5, Primavera, para violín e piano de L.van Beethoven Ave María de F. Schubert Ave María de A. Bruckner