O dictado desta semana é unha fermosa melodía que presenta unha rítmica moi repetitiva nos seus primeiros compases. Procurade memorizar a melodía completa, razonando que acontece nela..."compases que se repiten?...estructuras rítmicas iguais?...". Despois xa escribiredes!. Con este comezo xa intuides a tonalidade...Típico comezo anacrúsico: V-I. De seguro que a interválica do acompañamento a recoñeceredes: sempre soan 5ª xustas. O acompañamento non tedes que escribilo!. Preparade na libreta a anacrusa e 12 compases máis.
O dictado desta semana é un fermoso alalá: un canto lento cheo de morriña que leva por nome "Barqueiros de Ribadavia". Nesta ocación ofrezo o comezo e o seu final. Prestade moita atención ao arpexio de tónica que está despregado no seu comezo anacrúsico.
Atención!! A partitura desta cantiga, San Benitiño, que agora presento neste blogue está modificada con respecto á que tedes no voso caderno. Hai cambios nas notas do compás 20 e suprimín o compás 33. A versión que escoitaredes se corresponde con esta partitura.