Publicacións

Acordes tríadas

Imaxe
Pensando en que os alumn@s de 3º e 4º GE poidades identificar auditivamente distintos acordes tríadas, elaborei a seguinte actividade. Clicade sobre a imaxe e xa comezaredes o voso entrenamento auditivo.

Recoméndoche un concerto: Concerto do Clasicismo

Imaxe
Este venres 12 de Abril podes asistir a un concerto de piano adicado ó Clasicismo. Ademáis participará O Peque Coro neste concerto especial no que as vestimentas e o esceario farannos retroceder ó século XVIII. Venres 12 de Abril ás 17:30 no auditorio do noso Conservatorio. Auditorio José Arriola. Cmus Xan Viaño de Ferrol.

Dictado 16 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
O dictado desta semana é un fragmento dunha aria de Mozart. Unha das arias de Papageno: o paxareiro da Raíña da Noite da  Frauta Máxica,  que acompaña ó príncipe Tamino na súa aventura para rescatar á princesa Pamina. Velaí a melodía (da que adaptamos a súa tesitura) para completar : Nesta aria Papageno conta o desexo de encontrar unha compañeira:

Sakura

Imaxe
Na primavera a cereixeiras florecen. A  sakura  xaponesa (flor da cereixeira) simboliza a beleza da Natureza e o renacemento dun novo comezo. Coa chegada das flores as familias celebran o hanami : sentándose a observar a beleza das flores. Flores da cereixeira contra o ceo da Primavera ata onde alcanza a vista. É neboeiro ou son nubes? Perfume no ar. Ven agora, ven! Ollémolas, por fin! Nas clases de 4º GE celebramos tamén a chegada da primavera. A continuación, a Sakura pola Kantoría dirixida por Basilio Astúlez...quen nos visitará nesta primavera

A Fuga

Imaxe
A semana pasada adicámonos nas clases de 2º GP á fuga: unha forma que emprega o contrapunto imitativo. No seguinte vídeo podedes seguir a análise da fuga en Do Maior do Clave Ben Temperado de J. S. Bach A continuación, esta mesma fuga precedida polo seu preludio correspondente: E un último vídeo, por se queredes escoitar o preludio e fuga en do menor, a partir do que nos adentramos nas fugas.

Dictado 15 para alumn@s de 4º GE

Imaxe
Este dictado 15 é unha xiga da  Suite francesa  nº 6 de J. S. Bach. Aínda que o tempo neste dictado é moito máis lento do que corresponde e modifico ou suprimo notas de adorno, penso que segue sendo interesante traballar  os nosos dictados con excelentes melodías coma esta. Velaí as pistas para completar a melodía:

Forma Sonata

Imaxe
Nas clases de 2º GP estamos traballando a forma sonata: unha estructura que se emprega no primeiro movemento das sonatas, concertos, sinfonías e cuartetos do Clasicismo. A continuación, tedes varios exemplos onde se analiza este forma. 1º movemento da Sonata "Fácil" para piano de Mozart: 1º movemento da Sonata en Fa menor para piano de Beethoven: 1º movemento da Sinfonía nº 29 de Mozart