para que os meus alumnos e alumnas do Cmus "Xan Viaño" de Ferrol comprendan e gocen da Linguaxe Musical.
"Ut queant laxis" para 2º GP
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Velaí a orixe das nosas notas musicais, que nos remonta ata a Italia do século XI. Da man do pedagogo Guido d'Arezzo chega a creación do nome das notas a partir dun himno anterior: o himno dedicado a San Xoán Bautista.
O dictado 4 é o tema principal dunha sarabanda de Haendel: a célebre sarabanda en re menor. Unha sarabanda é unha danza lenta en compás ternario. Antes de comezar a escribila, escoitádea un par de veces. Aí van as axudas para que escribades a melodía superior ( a voz máis aguda). Tonalidade: re menor. Comeza no III. Compás: 3/2. 16 compases. Velaí o comezo desta melodía:
Este dictado 2 presenta unha melodía popular checa. Anotade no voso caderno: compás de compasillo e do menor Antes de comezar a melodía sonará a tónica, establecendo o tempo. Recordades os tipos de escalas menores? Pensade nos disitntos tipos e prestade atención neste dictado ó VI e VII grao.
Comentarios
Publicar un comentario