Paul Dukas (1865-1935) foi un compositor francés enmarcado dentro do Impresionismo musical: un estilo que xa existía na pintura e no que experimentan coa música modal (levándonos á Antiga Grecia), con escalas exóticas (pentáfona, hexátona...) e con novos timbres e efectos sonoros. Con 5 anos tocaba o piano, mais a súa verdadeira paixón era a composición. No ano 1897 compón O aprendiz de bruxo: un poema sinfónica baseado nunha obra do poeta Johan Wolgang von Goethe. Trátase dunha obra para orquestra na que se representa a historia dun aprendiz que realiza un feitizo a unha vasoira para que lle axude a cargar auga. Na película Fantasía de Disney, o mesmo Mickey Mouse será o bruxo: A continuación, a obra completa interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia: