"Guía de orquestra para músicos novos" de Britten


Benjamin Britten (1913-1976) foi un compositor, director de orquestra e pianista británico, considerado un dos grandes compositores do século XX

A "Guía de orquestra para músicos novos" foi composta no ano 1946 para acompañar a unha película educativa Instrumentos da orquestra. A obra ten por subtítulo Variacións e fuga sobre un tema de Henry Purcell. Recordades a Henry Purcell? Foi un compositor británico do Barroco, de quen escoitamos o Lamento de Dido, da súa ópera sobre a raíña de Cartago e o heroe troiano.

Pois ben, Britten toma a melodía Abdelazer de Purcell como tema principal. Crea variacións para cada sección da orquestra (primeiro as madeiras, logo as cordas, metais e por último a percusión). A orquestra completa presenta unha fuga (un xénero no que distintas voces se van imitando), para rematar a orquestra co tema principal.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Repaso Día 2 para Caderno 2º GE. Acordes

Hotaru Koi