Dictado 10 para alumn@s de 1º GP
Ó longo destes días temos moitas maneiras de poder disfrutar do entroido (se a choiva o permite...): os que viaxen a terras ourensanas deberán correr diante dos cigarróns, peliqueiros, pantallas,... ou poderán escoitar e ver danzar os folións das máscaras. Na nosa comarca non temos esas figuras tan representativos do entroido, mais estes días a troula entra en tódalas casas.
Así entre baile de entroido, lambonadas varias (freixós, torradas, orellas...) haberá que facer un esforzo para continuar co noso entrenamento. O dictado desta semana é unha melodía popular "Eu veño de troula"...que xa cantamos anos atrás.
Velaí o comezo do dictado:
Cantos compases ten?
ResponderEliminarEste dictado ten dezaseis compases (mailo primeiro...que sería unha anacrusa, aínda que completei cun baixo previo).
EliminarÁnimo...que xa comprobarás que non é para tanto